Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á renovación de varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG ás renovacións das autorizacións ambientais integradas concedidas ás instalacións industriais que se relacionan a seguir e que se poden consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

1. Resolución do 30 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega para a planta de fabricación de pensos compostos e transformación de leite e derivados sita no concello de Ames (A Coruña) (nº rexistro AAI: 2007/0059_NAA/IPPC_115; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-102).

2. Resolución do 30 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Frinova, S.A. para a planta de produción de produtos precociñados localizada no polígono industrial das Gándaras, concello do Porriño (Pontevedra) (nº rexistro AAI: 2006/0390_NAA/IPPC_142; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-117.).

3. Resolución do 3 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada a Gestán Medioambiental, S.L., para o centro de tratamento de residuos no concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña) (nº de rexistro AAI: 2006/0291_AIA/IPPC_134; clave do expediente nova: 2012-IPPC-M-0105).

4. Resolución do 7 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Alúmina Española, S.A. para a planta de alúmina localizada nos concellos de Xove e Cervo (Lugo) (nº de rexistro: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-94).

5. Resolución do 7 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Aluminio Español, S.A. para a planta de aluminio localizada no concello de Xove (Lugo) (nº de rexistro: 2005/0093_NAA/IPPC_130; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-95).

6. Resolución do 7 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Alcoa Inespal, S.A. para a planta de aluminio localizada no concello da Coruña (nº de rexistro: 2005/0272_NAA/IPPC_169; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-104).

7. Resolución do 10 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Aluminios Padrón, S.A. para as instalacións de extrusión e lacado de perfís de aluminio, das que é titular o Concello de Valga (Pontevedra) (nº de rexistro AAI: 2006/0262_NAA/IPPC_170; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-91).

8. Resolución do 10 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a EXL-Quintaglass, S.L. para as instalacións de extrusión, lacado e anodización de perfís de aluminio, das que é titular o Concello de Padrón (A Coruña) (nº de rexistro AAI: 2006/0268_NAA/IPPC_165; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-90).

9. Resolución do 10 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Magnesitas de Rubián, S.A. para a planta de calcinación de magnesita localizada no concello do Incio (Lugo) (nº de rexistro: 2006/0187_NAA/IPPC_146; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-116).

10. Resolución do 13 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Rodman Polyships, S.A.U. para a factoría de construción e reparación de buques localizada en Meira, concello de Moaña (Pontevedra) (nº de rexistro: 2007/0207_NAA/IPPC_166; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-100).

11. Resolución do 14 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Granja Amistad de Orense, C.B. para unha granxa avícola, no concello de Taboadela (Ourense) (nº de rexistro AAI: 2007/0049_NAA/IPPC_133; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-122).

12. Resolución do 15 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada a Xilo Galicia, S.L., para o complexo xestor de residuos no concello das Somozas (A Coruña) (nº de rexistro AAI: 2006/0156_NAA/IPPC_164; clave do expediente nova: 2012-IPPC-M-111).

13. Resolución do 16 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada á Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para o Complexo Medioambiental de Cerceda e o vertedoiro de Areosa no concello de Cerceda (A Coruña) (nº de rexistro AAI: 2006/0327_AIA/IPPC_163; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-109).

14. Resolución do 16 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Auxiliar Conservera, S.A. para unha planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe, das que é titular no concello de Redondela (Pontevedra) (nº de rexistro AAI: 2007/0029_NAA/IPPC_147; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-108).

15. Resolución do 16 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Forestal del Atlántico, S.A. para a planta de fabricación de formol, colas e resinas e xestión de residuos hidrocarburados situada no concello de Mugardos (A Coruña) (nº de rexistro AAI: 2006/0349_NAA/IPPC_168; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-98).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental