Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22670

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (112/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 112/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lara Jiménez López contra a empresa Invest N2 Boheme, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Lara Jiménez López contra Invest N2 Boheme, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 7.364,23 euros, á cal se lle engadirán os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores en canto aos conceptos salariais.

Contra esta resolución cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación das partes ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe, en audiencia pública do día da súa data. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2013

A secretaria xudicial