Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22325

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2277/2010).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2277/2010 desta sección, seguido por instancia de Margarita Martínez Quiñones contra a empresa Construcciones y Promociones Caldas de Reyes, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decisión.

Que con desestimación do recurso de suplicación interposto por Margarita Martínez Quiñones, confirmamos a sentenza que, con data do 24 de febreiro de 20120, foi ditada en autos 437/2005, tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as empresas Instalaciones Pongas, S.L., Construcciones y Promociones Caldas de Reyes, S.L. e Repsol Butano, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construcciones y Promociones Caldas de Reyes, S.L., con último domicilio coñecido en Souto de María López, en Caldas de Reis, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de abril de 2013

A secretaria xudicial