Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22323

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2013 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista da Unidade Técnica de Calidade, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral, convocada por Resolución do 30 de marzo de 2011.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión dunha praza de técnico especialista da Unidade Técnica de Calidade, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocada pola Resolución do 30 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de xuño de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas
para a provisión dunha praza de técnico especialista da Unidade Técnica
de Calidade, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral, convocada pola Resolución do 30 de marzo de 2011 (DOG do 28 de abril)

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

32706426N

Fraga Mosquera, Amelia

Libre

59,583