Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 23 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador PO-84/2012, por infraccións en materia de comercio.

Con data do 25 de abril de 2013, o xefe territorial ditou resolución do procedemento sancionador nº PO-84/2012, incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industrial de Pontevedra, contra Le Mule D’Aranda, S.L., con CIF B21331285.

Intentada a notificación da resolución, de conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Lembránselle á interesada os efectos da resolución, en cumprimento dos artigos 20 e 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recurso de alzada ante a Consellería de Economía e Industria, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que consideren conveniente.

Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, na praza da Estrela, s/n, en Vigo (Pontevedra), e a obter unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 23 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-84/2012.

Interesada: Le Mule D’Aranda, S.L., con CIF B21331285.

Enderezo: rúa Joaquín Costa, 2, 36001 (Pontevedra).

Feitos imputados: unha infracción leve en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: artigos 10.7, 36.2 e 3, 98.1 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (DOG núm. 249, do 29 de decembro).

Sanción proposta: 500 euros.