Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 77/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT en lugar de Costa Alvedro, deslindamento aeroporto.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,656 km, con orixe no paso aerosoterrado proxectado en apoio nº 2 existente da LMT. SBN-717B, no tramo entre o CT Fonte Igrexa (expediente 242/2003) e o CT Club A Garrocha (expediente 267/2010), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final no paso aerosoterrado proxectado en apoio nº 8 existente da LMT. SBN-717B (expediente 267/2010), no tramo entre o CT Fonte Igrexa (expediente 242/2003) e o CT Club A Garrocha (expediente 267/2010).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Jefa territorial da Coruña