Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013060TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de marzo de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013060TA-OU, a Vai-Ven do Arenteiro, S.L., CIF B32237265, propietario do Pub 5th Avenue, con domicilio na praza do Correxidor, 11, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Vai-Ven do Arenteiro, S.L., CIF B32237265, propietario do Pub 5th Avenue, con domicilio na praza do Correxidor, 11, 32005 Ourense, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de maio de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013060TA-OU.

Denunciado: Vai-Ven do Arenteiro, S.L., propietario do Pub 5th Avenue.

Documento de identificación: CIF B32237265 .

Último enderezo coñecido: Praza do Correxidor, 11, 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.3.m) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).