Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2012/25-2, 7996 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Inmo Xerion, S.L.

Domicilio social: r/ Enrique Mariñas Romero, 18, 8º C, 15009 A Coruña.

Denominación: canalizacións eléctricas para LMTS e CTC para a subministración eléctrica na r/ Do Porto, s/n.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

– Canalización soterrada mediante apertura e peche de gabias de canalización e instalación de catro tubos de diámetro 160 mm e un tubo de diámetro 63 mm, con orixe nunha arqueta existente na avenida Ramón Canosa e final no CT proxectado na r/ Do Porto, cunha lonxitude de 172,3 metros, para cesión á compañía distribuidora.

– CT en edificio non prefabricado situado na r/ Do Porto, s/n, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

– Canalización soterrada mediante apertura e peche de gabias de canalización e instalación de dous tubos de diámetro 160 mm, en previsión de soterramento de redes de baixa tensión existentes propiedade da compañía distribuidora, cunha lonxitude de 9 metros, para cesión á compañía distribuidora.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 8 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo