Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de actividades extractivas da concesión de explotación Morada número 4810.1 no concello de Melón, declarado como de incidencia supramunicipal por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de marzo de 2013.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 14 de marzo de 2013, declarar o proxecto sectorial de actividades extractivas da concesión de explotación Morada nº 4810.1 no concello de Melón, promovido pola empresa Minor Galicia, S.L., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

O artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, establece que os plans ou proxectos que o Consello da Xunta declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes aos trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na Comunidade Autónoma e de audiencia aos concellos afectados polo plan ou proxecto.

Polo anterior,

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto sectorial de actividades extractivas da concesión de explotación Morada nº 4810.1 no concello de Melón, polo prazo de trinta hábiles contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados contarán co citado prazo de trinta días para examinar o proxecto sectorial, que estará dispoñible na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense e no portal da Consellería de Economía e Industria
(http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras), e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas