Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vila de Cruces (expediente IN407A 2013/59-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Fomensa Hispania, S.L.

Domicilio social: Almagro, nº 36, 5ª planta, 28010 Madrid.

Denominación: LMTA ao CT comportas canle de acceso minicentral Carboeiro.

Situación: Vila de Cruces.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 35 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente da LMT POR707 minas Fontao-CH Merza 7 de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no centro de transformación das comportas da canle de acceso á minicentral de Carboeiro. A instalación está situada en Porto do Carrio, Losón (Santa Baia) Vila de Cruces.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de abril de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra