Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 20/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de LMT lugar de Ponte da Rocha e anexo I.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, dobre circuíto, cunha lonxitude de 80 m, en substitución dun tramo aéreo triple circuíto LMT circunvalación a Santiago (expediente 10.513), con orixe no paso aerosubterráneo proxectado no apoio nº 5 existente, condutor tipo 2RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no paso aerosubterráneo proxectado no apoio nº 5A proxectado, desmontándose un dos circuítos existentes, actualmente sen servizo.

Retensado da liña eléctrica de media tensión aérea existente a 20 kV, triple circuíto LMT circunvalación a Santiago, cunha lonxitude de 223 m, con orixe no apoio nº 3 existente, condutor LA-110, pasando polo apoio nº 4 existente e final no apoio existente nº 5.

Retensado da liña eléctrica de media tensión aérea existente a 20 kV, triple circuíto LMT circunvalación a Santiago, cunha lonxitude de 150 m, con orixe no apoio nº 7 existente, condutor LA-110, pasando polo apoio nº 6 existente e final no apoio proxectado nº 5 A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña