Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22021

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (1011/2008).

Nos autos de ordinario número 1011/2008, seguidos por instancia da procuradora Mª Luisa Sánchez Presedo, en nome e representación de Transportes Piadela, S.L. e do procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de Francisco Díaz Tizón, contra Mutua Madrileña Seguros, Gabriela Veiga Butiérrez e Gonzalo García Denis, ditouse o 13.7.2012 sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza nº 47/2012.

Procedemento: xuízo ordinario número 1011/08.

En nome da súa maxestade o rei, Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, ditou a seguinte sentenza.

Betanzos, 24 de abril de 2012

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo ordinario 1011/2008, acumulados autos de xuízo ordinario número 276/2009, sobre indemnización en accidente de tráfico, en que son partes os demandantes Transportes Piadela, S.L., asistido polo letrado Sr. Torres Jack e representado pola procuradora Sra. Sánchez Presedo, e Francisco Díaz Tizón, representado polo procurador Sr. García Brandariz e defendido pola letrada Sra. Varela Pombo, e como demandada a compañía de seguros Mutua Madrileña, representada polo procurador Sr. Pedreira del Río e defendido polo letrado Sr. Díaz Carro, e Gabriela Veiga Gutiérrez e Gonzalo García Denís, en situación de rebeldía procesual.

Ditame.

1. Desestimo a demanda interposta por Transportes Piadela, S.L., asistido polo letrado Sr. Torres Jack e representado pola procuradora Sra. Sánchez Presedo, contra a compañía de seguros Mutua Madrileña, representada polo procurador Sr. Pedreira del Río e defendida polo letrado Sr. Díaz Carro, e Gabriela Veiga Gutiérrez e Gonzalo García Denís, en situación de rebeldía procesual.

Todo iso sen expresa imposición de custas a ningunha das partes.

2. Estimando parcialmente a demanda interposta por Francisco Díaz Tizón, representado polo procurador Sr. García Brandariz e defendido pola letrada Sra. Varela Pombo, contra a compañía de seguros Mutua Madrileña, representada polo procurador Sr. Pedreira del Río e defendida polo letrado Sr. Díaz Carro, e Gabriela Veiga Gutiérrez e Gonzalo García Denís, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno solidariamente a compañía de seguros Mutua Madrileña, S.A. e a Gabriela Veiga Gutiérrez e, subsidiariamente, a Gonzalo García Denís, a aboar ao demandante a suma de 4.818,5 euros, máis os xuros do artigo 20 da LCS para a aseguradora.

Todo iso sen expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 euros, o que deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos. Dou fe.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, ante min, a secretaria. Dou fe».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma aos demandados Gabriela Veiga Gutiérrez e Gonzalo García Denís, expídese o presente.

Betanzos, 11 de marzo de 2013

A secretaria