Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Dumbría (expediente IN407A 299/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Domicilio social: paseo Conde de los Gaitanes, n.º 177, La Moraleja, 28109 Alcobendas (Madrid).

Denominación: modificado nova subestación de transporte Regoelle 220 kV.

Situación: concello de Dumbría.

Características técnicas:

Nova subestación de Regoelle coas seguintes características principais:

Tensión nominal: 220 kV.

Tensión máis elevada para o material (Um): 245 kV.

Tecnoloxía: GIS.

Instalación: interior.

Intensidade de curtocircuíto de curta duración: 50 kA.

Parque de 220 kV cunha configuración de dobre barra con acoplamento, seis posicións, das cales cinco serán de liña e unha posición de acoplamento e medida. O parque deséñase para ser ampliado en tres posicións que quedarán de reserva. O aparello de 220 kV estará composto por módulos brindados montados no interior dun edificio construído para o efecto, con illamento en SF6 e equipamentos convencionais como as autoválvulas. As conexións desde a zona de pórticos de liña ata o edificio GIS realizaranse mediante tubo blindado encapsulado en SF6.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 54 da Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

A Coruña, 9 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

Anexo
Relación de bens e dereitos

Modificacion do proxecto SE a 220 kV de Regoelle.

Termo municipal de Dumbría (A Coruña).

Parcela proxecto

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela nº

Superficie total parcela
(m2)

Ocupación pleno dominio subestación (m2)

Ocupación temporal (m2)

Natureza do terreo

1

María Virtudes Lema

15034A006006760000ZA

6

676

3.734,20

169,54

135,38

Agrario

2

Carmen Fdez. Lema

15034A006006850000ZL

6

685

1.001,33

203,84

33,94

Agrario

3

Crisanto Fdez. Lema

15034A006006890000ZO

6

689

1.178,53

85,40

15,33

Agrario

4

Jesús Fdez. Lema

15034A006006900000ZF

6

690

1.180,52

91,32

15,32

Agrario

5

Francisco Fdez. Lema

15034A006006910000ZM

6

691

11.262,94

1.786,71

210,75

Agrario

6

José Lema Senra

15034A006006920000ZO

6

692

4,422,03

747,82

46,84

Agrario

7

Pedro Lema Senra

15034A006006930000ZK

6

693

3.149,91

495,40

30,88

Agrario

8

Jesús Lema Senra

15034A006006940000ZR

6

694

3.202,43

474,20

29,95

Agrario

9

Elisa Lema Senra

15034A006006950000ZD

6

695

3.120,61

492,22

40,00

Agrario

10

Manuel Lema Senra

15034A006006960000ZX

6

696

3.194,88

448,30

30,50

Agrario

11

María Lema Senra

15034A006006970000ZI

6

697

3.172,45

464,58

31,36

Agrario

12

José Domínguez Louro

15034A006006990000ZE

6

699

13.687,38

1.433,92

138,82

Agrario

13

José Senra García

15034A006006750000ZW

6

675

643,37

23,00

16,50

Agrario

14

Lucinda Fdez. Lema

15034A006006840000ZP

6

684

671,90

259,24

94,16

Agrario

15

Manuela Benita Quintáns Pérez

15034A006006980000ZJ

6

698

3.227,98

613,22

239,78

Agrario

16

José Senra García

15034A006007010000ZS

6

701

17.841,60

30,58

75,80

Agrario