Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 24 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador a Manuel García Villar.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Manuel García Villar o acordo de incoación de expediente sancionador do 7 de febreiro de 2013.

Comunícase que o devandito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos considere convenientes.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 24 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra