Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20903

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4268/2010).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4268/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Lena Enterprises Limited, S.L., sobre reintegro de prestacións, se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do 31 de maio de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nestes autos 102/2010 tramitados por instancia da demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte á entidade xestora recorrente e aos tamén demandados, a empresa Lena Enterprises LTD e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a citada sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Lena Enterprises Limited, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de maio de 2013

A secretaria xudicial