Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20905

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (258/2012).

Patricia Cacheda Varela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, polo presente, fai saber que no procedemento ordinario 258/2012, seguido por instancia de José Barreiro Barreiro fronte aos herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro Souto Iglesias, se ditou sentenza co encabezamento e resolución seguinte:

«Sentenza.

Ordes, 29 de abril de 2013

Vistos os autos por Carlos Gayo Lemos, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ordes, seguidos ante el por instancia do procurador Sr. Rieiro Noya, na representación que posúe en autos de José Barreiro Barreiro, asistido do letrado Sr. Manteiga Ferro, sobre acción declarativa de dominio, contra Pedro Souto Iglesias e herdeiros incertos e descoñecidos de Pedro Souto Iglesias, tendo desistido fronte ao primeiro e en situación de rebeldía procesual os segundos,

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda formulada polo procurador Sr. Rieiro Noya, en nome e representación de José Barreiro Barreiro, asistido do letrado Sr. Manteiga Ferro, contra Pedro Souto Iglesias (desistido) e herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro Souto Iglesias, en situación de rebeldía procesual, e declarar o dominio do predio nº 452, descrito no feito primeiro da demanda e no fundamento xurídico primeiro in fine a favor do demandante, ordenándose a cancelación das inscricións rexistrais practicadas nese predio nº 452 a favor de Pedro Souto Iglesias e a inscrición deste a nome de José Barreiro Barreiro. Os herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro Souto Iglesias deberanse ater a esta declaración e condena, todo isto sen realizar especial pronunciamento sobre custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela se poderá interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación, con expresa mención ás partes que, con carácter previo a esa impugnación, ao abeiro da disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, deberán depositar a suma de 50 euros e as taxas previstas na Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, na conta de depósitos e consignacións xudiciais deste órgano xurisdicional.

Así o pronuncia, manda e asina, Carlos Gayo Lemos, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ordes».

E encontrándose os demandados herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro Souto Iglesias en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma no Diario Oficial de Galicia.

Ordes, 29 de abril de 2013

A secretaria xudicial