Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20901

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (247/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 247/2013 desta Sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra Mutua Midat Cyclops, Rodrigo Álvarez Rodríguez, Pizarras Álvarez, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto polo codemandado Instituto Nacional da Seguridade Social, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 3 desta capital, no sentido de deixar sen efecto a condena da dita entidade xestora ao pagamento da prestación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común ao traballador Rodrigo Álvarez Rodríguez. E mantemos integramente o pronunciamento estimatorio a prol da mutua de accidentes de traballo Mutual Cyclops que contén a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pizarras Álvarez, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2013

A secretaria xudicial