Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20500

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3839/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3839/2010 desta sección, seguido por instancia de Zurich España, S.A., Domingo González Pérez contra a empresa La Estrella, S.A. de Seguros y Reaseguros, Indusal Rías Baixas, S.A, Serphos, S.A, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a resolución seguinte:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Domingo González Pérez e a entidade aseguradora Zurich España, S.A. contra a sentenza do 19 de maio de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en proceso seguido polo recorrente contra a compañía Zurich España, S.A, a empresa Indusal Rías Baixas, S.A., La Estrella Seguros y Serphos, S.A, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

De acordo co disposto no artigo 202 da Lei de procedemento laboral, débeselles dar o destino legal aos depósitos e consignacións para recorrer efectuados pola empresa recorrente que, conforme o artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, debe aboar os honorarios dos demandados impugnantes do seu recurso, por importe de seiscentos euros (600 €) a cada un deles.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa Serphos, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as quew daban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e firmo este edicto.

A Coruña, 10 de maio de 2013

A secretaria xudicial