Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20496

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 22 de maio de 2013 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 7.2.b) do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 213, do 3 de novembro de 2008), e en uso das atribucións conferidas no mesmo artigo do dito convenio, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a el o persoal laboral fixo/a que reúna as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nos seus departamentos territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán unirlle á petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sexto. Unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria, a consellería disporá, no prazo de tres días, que cese o adxudicatario do posto convocado, o cal disporá, para tomar posesión, dun prazo de tres días se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual ou dun mes se radica en localidade distinta e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificada do/a traballador/a. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o cómputo deste comezará o día seguinte ao da reincorporación ao posto de traballo.

O prazo de toma de posesión considerarase, para todos os efectos, como de servizo activo.

Sétimo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I

Denominación do posto: responsable da Área Asistencial-Residencial.

Código: TR.C99.40.901.36440.011.

Dependencia: Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela).

Localidade: Redondela.

Grupo: I/II

Categoría:

C. singularidade: 3.013,80 €.

Observacións: B10//B18//B12=1.090,44 €.

missing image file
missing image file