Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (685/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza

En Santiago de Compostela o 10 de maio de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 685/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Sergio García García contra Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Sergio García García contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao demandante 1.623,29 euros. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013