Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1054/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1054/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Espantoso Rey contra a empresa Sénior Santiago, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda interposta pola demandante contra a empresa Sénior Santiago, S.L., debo condenar e condeno esta a que lle aboe a cantidade de 2.432,88 euros máis o dez por cento de xuros de demora. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Sénior Santiago, S.L. na persoa do seu administrador Eduardo J. Simón Teijeiro, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

A secretaria xudicial