Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (626/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos nº 626/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Juan Antonio Pérez Martínez contra Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

«Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Juan Antonio Pérez Martínez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e en consecuencia condeno esta a aboar ao demandante 675,05 euros. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación».

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013