Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (121/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos nº 121/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Joaquín Formoso López, asistido da letrada Natalia Erviti Álvarez contra Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou a seguinte sentenza:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Joaquín Formoso López contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e en consecuencia condeno esta a aboar ao demandante 129,52 euros en concepto de actualizacións polo incremento salarial segundo convenio correspondente ao ano 2011, cantidade que deberá incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condénase a parte demandada ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan na suma de 200 euros. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación».

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013