Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20324

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (348/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento obxectivo individual 348/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Vázquez Cebey contra a empresa Jaisuyoma Arias Bastos, S.L. e outras sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Que rectifico o contido da sentenza, cuxo antecedente de feito segundo debe quedar redactado do seguinte xeito:

Segundo. Admitidas a trámite as anteriores demandas, mediante auto sinaláronse os actos de conciliación e xuízo para o día 4.12.2012. Solicitada pola representación de Ferrolace, mediante auto do 21.9.2012, acordouse a acumulación ás presentes actuacións dos autos seguidos co número 445/2012 ante o Xulgado do Social número 3.

Así mesmo, rectifico o contido da sentenza, cuxo feito probado terceiro debe quedar redactado do seguinte xeito:

Terceiro. Marcos Vázquez Cebeyantón Silva Domínguez vén prestando servizos por conta da mercantil Jaysuyoma Arias Bastos, S.L. desde o 20.7.2011, coa categoría profesional de condutor-repartidor e percibindo un salario de 1.568,64 euros, incluído o rateo de pagas extraordinarias. A prestación de servizos levouse a cabo a tempo completo, cun horario de luns a venres de 3.00 a 13.00 horas e os sábados e domingos de 3.00 a 8.00 horas.

Finalmente, rectifico o contido da sentenza, cuxo fundamento de dereito terceiro debe quedar redactado do seguinte xeito:

Terceiro. Os feitos que expresa o punto anterior considéranse demostrados por canto non foron controvertidos (xornada, horarios e antigüidade do traballador), así como pola proba practicada, concretamente a documental achegada ao xuízo oral por ambas as partes e a testemuñal, toda ela valorada no seu conxunto. Débese sinalar que, polo que se refire á xornada e horario do traballador, resultou definitiva a proba testemuñal, que non deixou lugar a dúbidas sobre a prestación de servizos a tempo completo, xustificando deste modo a procedencia do salario regulador fixado na demanda (1.568,64 euros), iso a pesar das nóminas formais emitidas polo empregador que figuran unidas ás actuacións.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que pode impoñerse recurso contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nela establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

A secretaria xudicial