Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (523/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 523/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva García Montero, contra a empresa Exitmundo, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Procede a aclaración:

No feito probado primeiro, suprímese a pasaxe: “Aplícaselle o convenio colectivo do comercio do moble da provincia da Coruña”.

Na parte dispositiva, onde di: “Exit Mundo, S.L.”, debe dicir: “Exitmundo, S.L.”.

En atención ao exposto, dispoño aclarar a sentenza ditada nestes autos nesta instancia no sentido indicado.

Esta resolución é firme».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Exitmundo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2013

A secretaria xudicial