Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20328

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (4898/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4898/2010 desta sección, seguido por instancia de Marvil Construcciones y Contratas, S.L. contra a empresa Construcciones y Obra Miño, S.L., Fogasa, Pycflorga Burgos, S.L., Pycflorga Gijón, S.L., Pycflorga, S.L., Servicios Logísticos Pycflorga, S.L., Proyectos de Carpintería Modular, S.L., Unión Enerxética Galega, S.L./(Unerga, S.L.), Kiwi Plant, S.L., Walter Moure Carrera, Olívica de Inmuebles Urbanos, S.L., Castiproinver, S.L., Construcciones Eiriña, S.L., Khasa Hogar Viviendas, S.L., Cyominho Construçoes Lda., Pcm Sistemas de Caixilharia Lda., Pycflorga Portugal Lda., Pycflorga Import, S.A., Quinta da Lagoa Lda., Invergar & Marvin Portugal, S.A., Construcciones Braypa Tomiño, S.L., Inversiones Inmobiliarias Marvil, S.L., Otero Barros, S.L., Progaplant Portugal Lda., Progaplant, S.L., Invergar & Marvil, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolvemos.

Desestimamos o recurso de suplicación articulado pola empresa Marvil Construcciones y Contratas, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 1 de setembro de 2010, en autos 159/2010, sobre reclamación de cantidade, instados por Walter Moure Carrera contra o Fogasa e as empresas Marvil Construcciones y Contratas, S.L. e Grupo Onusa, S.L. constituído por Marvil Inmuebles, S.L., Construcciones y Obras Miño, S.L., Proyectos de Carpintería Modular, S.L., PyCFlorga Burgos, S.L., Olívica Inmuebles Urbanos, S.L, Castiproinver S.L., Eiriña, S.L., Khasogar Viviendas, S.L., Cyominho Construçoes Lda., PCM sistemas de Caixilharia Lda., PyCFlorga Portugal Lda., PyCFlorga Import, S.A., Quinta da Lagoa Lda., Invernar & Marvin Portugal, S.A., Construcciones Brypa Tomiño, S.L., Inversiones Inmobiliarias Marvil, S.L. e Otero Barros, S.L. e, en consecuencia, confirmamos a resolución de instancia, excepto no puntual aspecto relativo á aplicación do xuro a que se refire o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, do que se absolve a parte demandada. Débese dar aos depósitos e consignacións o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E, para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Inmobiliarias Marvil, S.L., Otero Baros, S.L., Construcciones Eiriña, S.L., Cyominho Construçoes, Lda., Pcm Sistemas de Caixilharia, Lda., Prograplanta, S.L., Pycflorga Portugal, Lda., Progapant Portugal, Lda., Quinta da Lagoa, Lda., Construcciones Braypa Tomiño, S.L., Unerga, S.L., Invergar&Marvil, S.L., Invergar&Marvil Portugal, S.A., Pycflorga Import, S.A., con último domicilio coñecido na estrada Tui-A Guarda, km 61,5 Tomiño-Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de abril de 2013

A secretaria xudicial