Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación do servizo de vixilancia e seguridade dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

maria.blanco.aller@xunta.es ou emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18968

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes. Para a visita dos edificios, presentarase solicitude previa formulada nos 5 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio, tal e como se recolle no punto 2 do prego de prescricións técnicas.

d) Número do expediente: 2013-SESE 02-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de vixilancia e seguridade dos edificios administrativos da Xunta de Galicia que figuran no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: o servizo prestarase nos lugares relacionados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: 24 meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 79710000-4. Servizos de seguridade e 79714000-2. Servizos de vixilancia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 15.446.280,99 € (IVE excluído) incluídas as posibles prórrogas e modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 7.355.371,90 €.

IVE (21 %): 1.544.628,10 €.

Importe total: 8.900.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído). No caso de baixas desproporcionadas terá que constituírse unha garantía do 10 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo M, subgrupos 2 e 3, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira: non se require ao exixirse clasificación.Os empresarios non españois acreditarán esta solvencia conforme o indicado na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica e profesional: non se require ao exixirse clasificación.Os empresarios non españois acreditarán esta solvencia conforme o indicado na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14:00 horas, salvo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios non avaliables de forma automática» terá lugar ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación de proposicións, de coincidir en sábado ou día inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte. O lugar, o día e a hora do segundo acto público, de «Lectura da avaliación do sobre B» e de apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios avaliables mediante formulas», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza