Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19297

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (714/2009).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fai saber que neste xulgado se tramita procedemento de liquidación de sociedade de gananciais nº 714/2009, en que se ditou o seguinte auto con data do 28 de febreiro de 2013, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Parte dispositiva:

Acordo:

1. Que o inventario da sociedade de gananciais dos litigantes queda constituído coas seguintes partidas:

Activo:

1. Vivenda número 8-A situada na primeira planta alta do número 10 da rúa Doutor Cadaval, na cidade de Vigo.

2. Vehículo Renault Scenic Aliza con matrícula 0628-DWZ.

Pasivo:

Préstamo hipotecario: da vivenda sita en Doutor Cadaval número 8-A, situada na primeira planta alta do número 10, na cidade de Vigo, do que resta por pagar, en data decembro de 2008, un total de 94.391,92 euros.

2. Cantidades sufragadas a cargo da sociedade por Natalia Verónica Rodríguez Gutiérrez:

A) Casa Purificación Saavedra. Sita en Purificación Saavedra 1º, Travesía nº 51, en Vigo, alugada por ambos os cónxuxes.

Aluguer xaneiro-maio 2007: 1.200 euros.

Telegrama fin contrato maio 2007: 1,83 euros.

Total: 1.271,83 euros.

B) Automóbil, marca Renault Megane Scenic Aliza, matrícula 0628-DWZ, adquirido por ambos os cónxuxes o 29 de marzo de 2006.

Seguro 2007-08: 852,77 euros.

IVTM 2007-08: 242,34 euros.

ITV 2007: 46,50 euros.

Reparacións varias: 241,48 euros.

Total: 1.383,09 euros.

C) Piso Doutor Cadaval, situado no piso 8-A do número 10 da rúa Doutor Cadaval, na cidade de Vigo.

Hipoteca febreiro 07-novembro 08: 11.308,68 euros.

Comunidade febreiro 07-decembro 08: 1.034,43 euros.

Seguro fogar 2007/2008: 174,59 euros.

Total: 12.517,70 euros.

D) Tarxeta Pass Visa con nº 4059212356840119 mediante contrato subscrito con Servicios Financieros Carrefour por Natalia Verónica Rodríguez Gutiérrez.

Aboamentos febreiro 07-decembro 08: 2.488,51 euros.

E) Leasing subscrito coa entidade Newcourt Financial España, S.A., con nº de contrato 006-1194817-001, contratado por Christian Enrique Ceballos:

Renting: aboamentos marzo 07-xuño 07: 471,52 euros.

Leasing: 297,47 euros.

Total: 768,99 euros.

F) Autónomos, débedas á Seguridade Social de Christian Enrique Ceballos, con nº de expediente 36060700134295.

Pagamento débeda: 676,21 euros.

G) Impostos:

ITPAXD 2007: 145,47 euros.

Recollida lixo 2007/08: 150,70 euros.

IBI 2007/2008: 251,97 euros.

Total: 547,74 euros.

H) Facturas:

Total: 685,94 euros.

1. Descubertos nos bancos:

Caixanova nº de conta: 20080063420000328089 cuxo titular era Christian Enrique Ceballos, cancelada o 12.4.2007 por Natalia Verónica Rodríguez Gutiérrez.

Total: 15,03 euros.

Banco Pastor nº de conta 00720462810000201363 titularidade de ambos os cónxuxes, cancelada o 10.3.2007 por Natalia Verónica Rodríguez Gutiérrez: 674,5 euros.

Total: 689,56 euros.

2. Expedir testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos, unindo o orixinal á peza correspondente.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar que se constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 3632.0000.39. 0714.09 indicando, no campo concepto a indicación Recurso seguida do código 02 Civil-Apelación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación recurso seguida do código 02 Civil-Apelación.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución contra a cal se recorreu co formato DD/MM/AAAA.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada-xuíza A secretaria xudicial»

E para que conste e sirva de notificación a Christian Enrique Ceballos, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 28 de febreiro de 2013

A secretaria