Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19295

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5656/10 MCR).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5656/2010 MCR desta sección, seguido por instancia de Sergio Barrio García, Isabel Veiga Pujales, Rosa María da Vila Costa contra a empresa Fogasa, Isleña Marítima de Contenedores, S.A., Tasmar Logística, S.A., Contenemar Barcelona, S.A., Termisur Eurocargo, S.A., Contenemar, S.A., Contenemar Galicia, S.A., Contenemar Tenerife, S.A., Contenemar Bilbao, S.A., África Container Lines, S.A., Ignacio Zornoza Pérez, Grupajes del Mar, S.A., Tercovi, S.L., Macargo, S.A., Grupajes del Mar, S.A. Las Palmas GC, Grupajes del Mar, S.A. S.C. Tenerife, Puerto de Las Palmas G.C. (CMC, Talleres Caleta e LMC), José Luis Fernández Arimany, Armando Betancor Alamo, Julián José Barrios Sánchez, Javier Pérez Salgado sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Sergio Barrio García, Isabel Veiga Pujales e Rosa María da Vila Costa contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, do 23 de setembro de 2010 en autos 643/2009, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co nº 1552 e deberá indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “35 social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación a Contenemar Galicia, S.A. e Tercovi, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de abril de 2013

A secretaria xudicial