Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19293

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013 pola que se convocan para a realización do primeiro exercicio as persoas aspirantes admitidas, pola quenda de acceso libre, ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, do grupo III, convocado por Resolución do 24 de outubro de 2012.

Por Resolución do 24 de outubro de 2012 (DOG do 9 de novembro e BOE do 30 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Á vista do acordo do tribunal, que dá por concluído o proceso selectivo pola quenda de promoción interna sen que ningunha persoa aspirante o superase, acumúlanse as vacantes ofertadas por esta quenda á de acceso libre, tal como establece o punto 1.2 da convocatoria das probas selectivas.

A Resolución do 25 de marzo de 2013, no seu punto cuarto, establece que as persoas admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para realizar o primeiro exercicio mediante resolución que se publicará no DOG. De conformidade con isto

resolvo:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) da fase de oposición o día 2 de xullo de 2013, ás 10.00 horas, na aula número 10 da Facultade de Dereito, campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se realizou o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela