Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19291

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de secretario técnico de centros tecnolóxicos, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral da Universidade da Coruña, convocada por Resolución do 28 de febreiro de 2011.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión dunha praza de secretario técnico de centros tecnolóxicos, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocada por Resolución do 28 de febreiro de 2011 (DOG do 23 de marzo), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos Estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 21 de maio de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a
provisión dunha praza de secretario técnico de centros tecnolóxicos, vacante
na relación de postos de traballo de persoal laboral, convocada pola
Resolución do 28 de febreiro de 2011 (DOG do 23 de marzo)

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

32.659.459B

Díaz Brañas, José Manuel

Libre

70,80