Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19301

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1112/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1112/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Nadal Feixas contra a empresa Fontgas Multiservicios, S.L., e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Nadal Feixas contra Fontgas Multiservicios, S.L. e con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.137,64 euros, incrementada cos xuros moratorios do 10 % do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores en relación cos conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 191.2 da Lei reguladora da xurisdición social).

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe, realizando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de maio de 2013

A secretaria xudicial