Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (140/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de demanda 140/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Velo contra a empresa Mapfre Industrial, Edificaciones Rodríguez y Bocija, S.C., Lepanto, S.A. (Grupo Catalana Occidente), sobre ordinario, foi ditada a seguinte sentenza:

Decido:

1º. Estimar parcialmente a demanda formulado por José Manuel Rodríguez Velo contra a empresa Edificaciones Rodríguez y Bocija, S.C., todo iso con condena a tal empresa a aboar á parte demandante a cantidade de 25.000 euros cos curos do artigo 1108 Cc desde a interpretación xudicial.

2º. Todo iso tendo por desistida a parte demandante respecto das aseguradoras codemandadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.36.0140.10, o que se demostrará mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso. No caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade deberá tamén consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co núm. 1533.0000.60.0140.10 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, que se incorporarán a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar un letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificacion en legal forma a Edificaciones Rodríguez y Bocija, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de maio de 2013

O secretario xudicial