Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18841

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (405/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 405/2012 por instancia de Denise Domix Pagliarini contra Sada Café, S.L.U., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales o día 24 de abril de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Denise Domix Pagliarini, contra Sada Café, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Sada Café, S.L.U. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.633,85 euros líquidos, polos salarios devindicados entre o 15 de decembro de 2011, e o 20 de xaneiro de 2012, así como pagas extraordinarias, e a compensación económica polas vacacións non gozadas de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Sada Café, S.L.U., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 6 de maio de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial