Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1113/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1113/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Seoane Peteiro contra a empresa, Integra MGSI, S.A., Ferrovial Servicios, S.A., Clece, S.A., Isolux Corsan Servicios, S.A., Imesapi, S.A e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 25 de abril de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1113/2012, en que foi demandante José Manuel Seoane Peteiro, representado pola letrada Sra. Pousada Vales, e demandadas as empresas Isolux Corsan Servicios, S.A., coa representación do letrado Sr. Naveira Couceiro, Integra MGSI, S.A., Ferrovial Servicios, S.A., Clece, S.A., Imesapi, S.A., da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Manuel Seoane Peteiro contra as empresas Isolux Corsan Servicios, S.A., Integra MGSI, S.A., Ferrovial Servicios, S.A., Clece, S.A., Imesapi, S.A e, en consecuencia, condeno a empresa Isolux Corsan Servicios, S.A. a que, no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 12.997,38 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 57 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a José Manuel Seoane Peteiro da cantidade de 39.330 euros en concepto de indemnización.

Da mesma maneira absolvo as empresas Integra MGSI, S.A., Ferrovial Servicios, S.A., Clece, S.A e Imesapi, S.A. de cantas pretensións se exerceron na súa contra referentes a este procedemento.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na Conta de Depósitos e Consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Integra MGSI, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial