Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1077/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1077/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elena Gómez Remuñán contra a empresa Limpiezas el Polígono, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Elena Gómez Remuñán contra Limpiezas El Polígono, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de nove mil novecentos dezanove euros con sesenta céntimos (9.919,60 €) máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2013

A secretaria xudicial