Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (683/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o vinte e seis de abril de dous mil trece.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 683/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade (salarios) por instancia de María Concepción Cancio Viña, asistida do letrado Pedro Blanco Lobeiras, contra a empresa Cosar XXI, S.L.U., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Concepción Cancio Viña contra Cosar XXI, S.L.U. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á demandante 2.261,71 euros, importe respecto do cal 2.158,58 euros se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Non procede condenar na presente resolución o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos supostos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2013

A maxistrada xuíza