Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1010/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 1010/2012 por instancia de Jesús Santiago Regos Carro contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, nos cales no día 24 de abril de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jesús Santiago Regos Carro contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe a Jesús Santiago Regos Carro a cantidade de 2.630,12 euros líquidos, pola paga extra de Nadal e beneficios de 2011, xullo de 2012, e os atrasos por diferenzas salariais por actualización por convenio durante oito mensualidades, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Esabe Vigilancia, S.A. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 2 de maio de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial