Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da reelectrificación da Granda e Lentille (Xoibán) e Muíño Novo (Gaibor), nos concellos de Vilalba e Begonte (expediente 020/2007 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica de referencia, que segundo o informe técnico favorable do Servizo de Enerxía e Minas do 19 de abril de 2013 presenta as seguintes características básicas:

Denominación: reelectrificación da Granda e Lentille (Xoibán) e Muíño Novo (Gaibor).

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, Lugo.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

– Liña de media tensión aérea con orixe no punto de entroncamento coa LMT Cospeito, da ST Vilalba e final no CTI proxectado, en condutor de aluminio-aceiro LA-056 tendido tensado sobre tres apoios metálicos de celosía, con illamento mediante cadeas a base de polímeros ata 24 kV e un punto de seccionamento e protección no apoio anterior ao CTI, formado por seccionadores con fusibles de expulsión XS, cunha lonxitude de liña de 248 metros en total, simple circuíto, a tensión trifásica de 20 kV nominal e 50 Hz de frecuencia.

– Centro de transformación intemperie, sobre apoio metálico, de 100 kVA de potencia instalada e 160 kVA de potencia máxima admisible.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, cando, tentada a notificación, non se puider realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 23 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Parc. nº

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Tipo de cultivo

Afección

Pol. nº

Parc. nº

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Voo

Sup. ocupada m2

Lonxitude m

Sup. afectada m2

1

170

550

Prados do Armeal

José Luis Veiga Veiga,

A Igrexa, 21

27375 Xoibán, Vilalba, Lugo

Prado

 

8

137

2

170

551

Prados do Armeal

Oliva Gesto Díaz

A Escoira, 5

27375 Xoibán, Vilalba, Lugo

Plantación Chopo

 

27

416

3

170

184

Portovello

Jesús Suárez Cabarcos

Rúa Alexandre Bóveda, 28

27003 Lugo

Prado

1

1,5

5

91

8

170

555

Prados do Armeal

Felisa Veiga Carreira

Arcillá, Casa Sixto, 6

27379 Arcillá, Cospeito, Lugo

Prado

 

54

855

9

170

556

Prados do Armeal

José Luis Veiga Veiga

A Igrexa, 21

27375 Xoibán, Vilalba, Lugo

Prado

 

18

286

10

170

557

Prados do Armeal

Oliva Gesto Díaz

A Escoira, 5

27375 Xoibán, Vilalba, Lugo

Prado

 

11

169

11

170

558

Prados do Armeal

José Cabarcos Díaz

r/ Luis Luciano Bonaparte, 15-6º C

48004 Bilbao, Vizcaya

Prado

3 CT (½)

0,75

49

785

12

170

559

Prados do Armeal

Antonio Brañas Novas

A Granda, 7

27375 Xoibán, Vilalba, Lugo

Prado

3 CT (½)

0,75

 

62