Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 6 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente de reclamación eléctrica.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á interesada a resolución do expediente de reclamación eléctrica que a seguir se relaciona (anexo), ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o devandito prazo a partir do día seguinte ao publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A persoa interesada poderá comparecer na xefatura territorial situada na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 6 de maio de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/ NIF

Enderezo

IN635A 2012/8-3

María Jesús Novoa Pérez

76690060X

Rúa Reza, 20 – 6º B. 32005 Ourense