Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da Resolución do 26 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na cal se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto Modificado número 2 LMT Cervantes-Navia, nos concellos de Cervantes e Navia de Suarna, promovido pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Visto o artigo 5, número 7, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo

RESOLVE:

Darlle publicidade á Resolución do 26 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto Modificado nº 2 LMT Cervantes-Navia, situado nos concellos de Cervantes e Navia de Suarna (Lugo) e promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A.

A dita resolución atópase á disposición de calquera interesado nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) e tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

clave 2007/0156

Lugo, 20 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo