Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 6 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o trámite de audiencia dun expediente de reclamación eléctrica.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao interesado o trámite de audiencia no expediente de reclamación eléctrica como particular que a seguir se relaciona (anexo), ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

O interesado dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición da interesada na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 6 de maio de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF

Domicilio

IN 635 A 2010/510-3

María García Bernárdez

76692734Q

Conde de Vallellano, 20, 7º A, O Carballiño