Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17823

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (78/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 78/2013, por instancia de Niuris Noa Nágera contra Marineda Ruta 63, S.L. e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 19 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por Niuris Noa Nágera contra Marineda Ruta 63, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento efectuado pola demandada Marineda Ruta 63, S.L. á traballadora Niuris Noa Nágera.

– Condénase a Marineda Ruta 63, S.L. á inmediata readmisión da demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, que ata a data ascenden a 2.906,55 euros, así como os que se devindiquen ata a efectiva readmisión, a razón de 21,53 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Marineda Ruta 63, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de abril de 2013

A secretaria xudicial