Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (679/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 679/2012, por instancia de Rafael Sánchez Sánchez contra a empresa Austral Instalaciones, S.L., sobre resolución de contrato e cantidade, en que recaeu sentenza con data do 16 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que se estima parcialmente a demanda interposta por José Antonio Rodríguez García contra a Austral Instalaciones, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Austral Instalaciones, S.L. a aboar a José Antonio Rodríguez García a cantidade de vinte e seis mil douscentos euros con catorce céntimos (26.200,14 euros). As cantidades salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Austral Instalaciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de abril de 2013

A secretaria xudicial