Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1126/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1126/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Criado Carballeira contra a empresa Voltaxe Noroeste, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 189/2013.

Procedemento: autos núm. 1126/2010.

Na Coruña o 26 de abril de 2012.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1126/10 seguidos por instancia de Samuel Criado Carballeira, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a entidade Voltaxe Noroeste, S.L. e con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante antes citada formulou demanda con entrada o día 22 de decembro de 2010, que foi dirixida a este xulgado, contra a demandada xa mencionada, na que, despois de expoñer os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, remataba suplicando que se dite sentenza pola que se condene a empresa ao aboamento ao demandante da cantidade de 16.739,13 euros.

Segundo. Que, admitida a trámite a demanda, se convocaron as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, non comparecendo a demandada, malia ser citada legal forma. A demandante aclarou a demanda sinalando que a cantidade obxecto da pretensión ascende a 10.929,21 euros e non a que se fixo constar por erro. Recibido o xuízo a proba, a parte propuxo interrogatorio de parte e documental que, logo de declaración de pertinencia, se uniron os documentos aos autos, co resultado que figura neles; seguidamente, as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais vixentes.

Feitos probados:

Primeiro. O demandante prestou servizos para a empresa demandada desde o 19 de xuño de 2000, coa categoría profesional de xefe de sección e cun salario mensual de 1.572,41 euros con rateo de pagas extraordinarias.

Segundo. A empresa demandada debe ao demandante a cantidade de 10.929,21 euros en concepto de salarios de febreiro, marzo, abril, maio, xuño e 23 días de xullo de 2010, vacacións non gozadas, paga de xullo 2010, paga de xullo 2010/2011 e paga de decembro de 2010.

Terceiro. Con data do 6 de outubro de 2010 celebrouse acto de conciliación previa ante o SMAC, co resultado de intentado sen efecto, ao non comparecer a conciliada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A anterior relación fáctica despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos, e así da documental achegada pola demandante, comprensiva de resolucións xurisdicionais previas en procesos entre as mesmas partes, sen prexuízo do que se expresa a continuación sobre a valoración probatoria.

Segundo. No presente procedemento o demandante exerce reclamación de cantidade correspondente a diversos conceptos salariais nos termos reflectidos no relato fáctico, e non compareceu a empresa demandada, correctamente citada.

O principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos determina que o reclamante veña obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente a eles; e é o demandado, se excepciona o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, ao cal incumbirá a carga de probar o devandito pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo -sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, do 26 de xaneiro de 1988 e do 2 de marzo de 1992-. A aplicación do «onus probandi» -coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o orzamento constitutivo da súa pretensión- determina a necesidade de que o empregador demandado xustifique o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

É polo que, correspondendo ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados -feitos extintivos-, logrando acreditar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación monetaria, e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 da Lei de procedemento laboral, se deben ter, ante a súa non comparecencia e citación cos apercibimentos correspondentes, por recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios, como cantidades devindicadas durante os últimos meses da súa relación laboral, pero igualmente do mesmo modo a falta de aboamento pola parte demandada.

Consecuencia da proba articulada, no suposto de autos, acreditáronse nas actuacións os orzamentos constitutivos da obriga, todo o cal comporta as obrigas contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, correspondendo ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigas (artigos 217.3º e 281 da LAC), sen practicarse a devandita proba, a demanda debe ser admitida, con obriga de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Terceiro. Segundo o disposto polo artigo 191.1 e 2.g) da Lei de reguladora da xurisdición social, contra esta resolución pode interpoñerse recurso de suplicación, e do que coñecerá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Samuel Criado Carballeira contra a entidade Voltaxe Noroeste, S.L. e con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que aboe o demandante a cantidade de 10.929,21 euros.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado xuíz que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Voltaxe Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2013

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial