Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17813

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (461/2012).

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, mediante este notifícase a Griselda Noguera Franco a sentenza recaída na presente causa cuxo ditame literalmente di:

«Ditame.

Debo condenar e condeno a Griselda Noguera Franco como autora dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal, e impóñolle unha pena dun mes de multa cunha cota diaria de 4 euros, o que fai un total de 120 euros, queda ademais suxeita, en caso de non pagamento desta, á responsabilidade persoal subsidiaria correspondente segundo a lei; así mesmo, condénase a indemnizar a Liliana de Jesús Benítez Guillén na cantidade de 1.010 euros.

E todo iso con imposición a ambas das custas causadas.

Notifíquese esta sentenza ao Ministerio Fiscal e ás partes, coa advertencia de que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Líbrese testemuño desta sentenza e únase aos autos da súa razón, incorporándose a orixinal ao libro de sentenzas penais.

Así por esta sentenza, pronúnciao, mándao e asínao Isabel Carballido Alonso, xuíza substituta deste xulgado».

E para que así conste e sirva de notificación a Griselda Noguera Franco, na actualidade en descoñecido paradoiro, expido, asino e selo o presente.

Lalín, 23 de abril de 2013

A secretaria xudicial