Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17811

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (387/2009).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, mediante este anuncio

No presente procedemento ordinario 387/2009, seguido por instancia de Manuel Taboada Cancelo fronte a Construcciones Mirón y Agarvi, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza: 35/2011.

Cangas, 28 de febreiro de 2011.

Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu os presentes autos de procedemento ordinario número 387/2009, seguido entre partes, dunha como demandante Jesús Manuel Taboada Cancelo, representado polo procurador Sr. Portela Leirós e asistido do letrado Sr. Pérez Sánchez, e doutra como demandada a entidade Construcciones Mirón y Agarvi, sobre reclamación de cantidade derivada de responsabilidade contractual.

Decido que, estimando a demanda interposta pola representación procesual de Jesús Manuel Taboada Cancela contra a entidade mercantil Construcciones Mirón y Agarvi, S.L., déboa condenar e condénoa a que cumpra o contrato de compravenda de autos do 11 de maio de 2000 e a que se indemnice o demandante na suma de 43.035,90 euros máis 9.500 euros máis conforme acreditou o demandante na audiencia previa, dando un total de 52.535,90 euros, importe das rendas aboadas desde a data fixada como máxima para a entrega de chalé e parcela no contrato de compravenda ata o día en que deixou a devandita vivenda e os xuros legais da cantidade entregada desde a data sinalada anteriormente ata o día en que se efectúe a entrega da vivenda totalmente rematada, e todo iso con expresa imposición das custas causadas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009.

E encontrándose a entidade demandada, Construcciones Mirón y Agarvi, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cangas, 28 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial