Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17809

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (373/2012-CL).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, mediante este anuncio

No presente procedemento de modificación de medidas seguido por instancia de Eva Alonso Pérez fronte a Marco Antonio Tiedra González ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 266.

En Vigo, 24 de abril de 2013

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 373/2012, sobre modificación de medidas, por instancia de Eva Alonso Pérez, como demandante, representada polo procurador dos tribunais Fernando Gómez-Orellana Rodríguez e baixo a asistencia letrada de Carlos González Reverter, contra Marco Antonio Tiedra González, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, conforme os seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Gómez-Orellana Rodríguez, en nome e representación de Eva Alonso Pérez, contra Marco Antonio Tiedra González, como demandado, declarado en situación procesual de rebeldía, estimo esta na súa integridade e decreto a privación total da patria potestade de Marco Antonio Tiedra González, respecto do seu fillo menor de idade Marco Tiedra Alonso, así como a supresión do réxime de visitas establecido na sentenza do 29 de abril de 2005.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde conste o nacemento do menor para a súa anotación marxinal, deixando constancia diso en autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Así, por esta a miña sentenza da que se deducirá testemuño para a súa constancia en autos, pronúnciao, mándao e asínao».

E encontrándose o devandito demandado, Marco Antonio Tiedra González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial