Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 6 de maio de 2013, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución de caducidade do expediente sancionador S-P-16.12, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de caducidade do expediente sancionador por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-16.12.

Interesada: Areal Ingeniería, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Bailén, 1, entresollado, 36206 Vigo.

Feitos imputados: obras de canalización de liña eléctrica LMTS e RBTS ao nº 16 da rúa Areal esquina coa rúa de Pontevedra, no ámbito de protección do xacemento arqueolóxico do Areal, no concello de Vigo, sen que se executase o control arqueolóxico e demais condicións da autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 23 de novembro de 2009.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.