Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de maio de 2013 polo que se notifica aos interesados a denegación da solicitude de suspensión solicitada nos expedientes IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao carecer de datos postais, notifícase a denegación da solicitude de suspensión para que os interesados que se sinalan no anexo poidan alegar o que estimen oportuno en defensa dos seus intereses e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes.

A presentación de alegacións efectuarase, de ser o caso, ante calquera dos rexistros indicados no artigo 38 da devandita lei nun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, e poderán recoller previamente unha copia do acordo do Consello da Xunta de Galicia que lles denega a suspensión solicitada nos seus recursos potestativos de reposición, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, con enderezo no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5º, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela.

Transcorrido o dito prazo sen ter efectuadas alegacións, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para presentalas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expedientes: IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66 (RAI-DXI-66/13).

Interesados:

Germán Pérez González (RAI-DXI-66.118/13)

Ana Isabel Martínez Leite (RAI-DXI-66.143/13)

María da Conceição da Silva Leite M. (RAI-DXI-66.144/13)

Silvia M. Martínez Leite (RAI-DXI-66.145/13)

Acto notificado: acordo do Consello da Xunta de Galicia recaído nos expedientes IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66.